Herodiano
historiador grego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Herodiano (do grego Ἡρωδιανός [Hērodianós], Herodianus en latín), nado ca. 178 e finado sobre 252, foi un funcionario romano de rango menor que escribiu unha Historia Romana en oito libros que cobre os anos 180 a 238[1]. Deostado durante décadas, modernamente foi obxecto dunha revalorización, considerándoselle totalmente fidedigno e elevándoo até alcanzar a categoría de Dión Casio[2]. Orixinario quizais de Bitinia ou Pérgamo, parece que viviu durante un considerábel período en Roma e que ocupou algún cargo dentro da burocracia imperial. Diversas teorías apuntan a que escribiu a súa historia cara a finais do reinado de Filipo o Árabe, roldando a data da súa morte por ese período[3].
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | (grc) Ἡρωδιανός (la) Herodianus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 170 Imperio Romano |
Morte | c. 250 (79/80 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Roma Antiga |
Actividade | |
Ocupación | historiador , escritor |
Período de tempo | Imperio Romano |
Lingua | Grego antigo |
Obra | |
Obras destacables |
Pechar