Pérgamo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A antiga cidade de Pérgamo (en grego antigo: τὸ Πέργαμον, to Pergamon, ou ἡ Πέργαμος, hē Pergamos) estaba situada no noroeste de Asia Menor (actual Turquía), a 30 km da costa do mar Exeo e fronte á illa de Lesbos, na rexión chamada Misia. As súas ruínas rodean a actual cidade de Bergama, construída sobre o que foi a parte baixa de Pérgamo. Existiu desde o século -V, mais só no período helenístico foi importante por tornarse sede da dinastía atálida. Posuía unha biblioteca de prestixio que perdía en importancia só coa Biblioteca de Alexandría. En Pérgamo xurdiu o pergamiño [Cómpre referencia].
Datos rápidos Patrimonio da Humanidade - UNESCO, País ...
Pérgamo e a súa paisaxe cultural de estratos múltiples | |
---|---|
Templo reconstruído de Traxano en Pérgamo. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Turquía |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, III, IV, VI |
Inscrición | 2014 (38ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1457 |
Pechar
No 2014, a Unesco elixiu a Pérgamo como Patrimonio da Humanidade.[1]