Lesbos
illa grega no mar Exeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Lesbos é un illa de Grecia, tamén chamada de Mitilene. Localízase no mar Exeo, próximo a Turquía. En grego moderno, o nome da illa é Lesvos, e os seus habitantes son chamados de lesvianos ou lesvianotas. As principais cidades da illa son Mitilíni, Kalloni, Mithyma, Plomarion, Axiasos e Petra, e localízase no concello grego do mesmo nome.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Lesbos | |
---|---|
Localización da illa | |
Mapa da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Perifieria | Exeo Setentrional |
Arquipélago | Illas do Exeo |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | 39°10′N 26°20′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 1.632´8[1] km² |
Longura máxima | 70 km. |
Largura máxima | 40 km. |
Perímetro | 320 km. |
Punto máis alto | 968 m. Lepetymos |
Demografía | |
Capital | Mytilini |
Poboación | 83.068 (2021) |
Densidade | 51 hab./km² |
A illa leva sido habitada desde a Idade de Bronce. A primeira mención a ela é feita en rexistros hititas como Lazpa. Outros nomes antigos son Lassia, Imerti, Aegira, Isa, Mythonis e Les-Ba.
Lesbos foi o centro dunha civilización no VI século a.C, tendo sido o lar dos poetas Safo e Alceo de Mitilene. En 428 a.C., Lesbos xuntouse á Liga de Delos nunha revolta sen éxito contra Atenas. Aristóteles e Epicuro tamén moraron aquí.
Na mitoloxía grega, Lesbos tamén era o nome do deus padroeiro da illa. Lesbos era fillo de Lafita e casou con Metima.
A palabra lésbica vén do nome desta illa. A súa orixe está nos poemas de Safo de Lesbos, onde se describe o amor entre mulleres. Debido a isto, Lesbos é frecuentemente destino turístico de cruceiros e outros paseos para lesbianas. Mentres, as autoridades lesbovitas non aproban enteiramente isto, e a algúns navíos de cruceiro xa lles foi negado o permiso para atracaren na illa.