Hyracotherium
From Wikipedia, the free encyclopedia
Hyracotherium é un xénero extinto de mamífero ungulado perisodáctilo bastante pequeno (uns 60 cm de lonxitude) cuxo primeiro exemplar se encontrou fosilizado na formación London Clay (arxilas de Londres) do Eoceno temperán. Este pequeno animal do tamaño dun can foi outrora considerado como o membro máis antigo da familia do cabalo (Equidae) antes de que a especie tipo H. leporinum, fose reclasificada como paleoterio, é dicir, un animal perisodáctilo basal tanto respecto dos cabalos coma dos brontoterios, polo que non pertencería exactamente á familia dos équidos.[1] Unha vez que se produciron os cambios taxonómicos, a única especie que quedou dentro deste xénero foi Hyracotherium leporinum, mentres que o resto das especies que estaban antes nel foron trasladadas a outros xéneros, entre eles Eohippus, o antepasado do cabalo, que durante algún tempo fora considerado como sinónimo de Hyracotherium.
Hyracotherium Rango fósil: 55 Ma-45 Ma | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
BMNH C21361, the second specimen | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|