Illa Grande da Terra do Fogo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa Grande de Terra do Fogo[1] está situada no extremo sur de América, continente do cal está separada polo Estreito de Magalláns. O seu extremo norte sitúase aproximadamente no paralelo 52,5º sur (Punta Delgada, Chile) e o seu extremo sur é o cabo San Pío, (Arxentina) ao sur do paralelo de 55º S. É con fartura a maior das illas do Grande Arquipélago Fueguino, sendo, cunha área de 47.401 km², a 29ª maior illa da Terra.
Illa Grande da Terra do Fogo | |
---|---|
Mapa onde se observa a illa | |
Situación | |
País | Arxentina, Chile |
Provincia | Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena |
Arquipélago | Arquipélago de Terra de Fogo |
Mar | Océano Atlántico e océano Pacífico |
Coordenadas | 54°00′S 70°00′O |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 47.401 km² |
Punto máis alto | Monte Shipton (2469 msnm) |
Demografía | |
Capital | Punta Arenas (Chile), Ushuaia (Arxentina) |
Poboación | 133.902 hab. |
Lingua propia | Español |
Está delimitada ao sur polo Canle Beagle, ao leste polo océano Atlántico e ao oeste polo océano Pacífico. Esta grande illa é compartida pola Arxentina e Chile, a quen lles corresponde a parte oriental e occidental , respectivamente.A parte Arxentina da illa corresponde á Provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur, cuxa capital é a cidade de Ushuaia. O sector chileno da illa grande corresponde maioritariamente á Provincia de Terra do Fogo, pertencente á XII Rexión de Magalláns e a Antártica Chilena. A capital da referida Provincia é Porvenir. O resto da sección chilena da illa corresponde a parte da Provincia da Antártica Chilena, pertencente tamén á referida Rexión