Illa de San Simón
lugar da parroquia de Cesantes e illa na ría de Vigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.
Datos rápidos Situación, País ...
Illa de San Simón | |
---|---|
O arquipélago de San Simón está formado polas illas de San Simón e Santo Antón, ámbalas dúas unidas por unha ponte. | |
Situación | |
País | Galiza |
Provincia | Pontevedra |
Mar | Océano Atlántico |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Pechar
Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999[1].