Illa do Oso
From Wikipedia, the free encyclopedia
A illa do Oso (en noruegués Bjørnøya), é unha pequena illa habitada do arquipélago noruegués das illas Svalbard, no mar de Barents.[1] Administrativamente pertence a Svalbard, un territorio dependente de Noruega.
Illa do Oso | |
---|---|
Bjørnøya | |
Situación | |
País | Noruega |
Arquipélago | Svalbard |
Mar | Mar de Barents |
Coordenadas | 74°31′00″N 19°01′00″L |
Xeografía | |
Superficie | 178 km² |
Punto máis alto | 536 m |
Demografía | |
Poboación | 9 habitantes (2008) |
Xentilicio | Ositanos |
Lingua propia | Noruegués |
Foi descuberta por Willem Barents e Jacob van Heemskerk o 10 de xuño de 1596. Debe o seu nome a un oso polar que foi visto nadando cerca. A illa era considerada terra nullius até que o tratado de Svalbard de 1920 púxoa baixo soberanía norueguesa.
A pesar da súa remota situación e a súa natureza estéril, a illa foi testemuña de actividades comerciais durante séculos, tales como minaría de carbón, pesca e caza de baleas. Porén, os asentamentos non duraron máis que uns poucos anos, e hoxe está habitada unicamente polo persoal que traballa na estación meteorolóxica Herwighamna, 9 persoas.
No 2002, e xunto ás súas augas adxacentes, foi declarada reserva natural.