Islay
From Wikipedia, the free encyclopedia
Islay é a illa máis meridional das Hébridas Interiores en Escocia. Coñecida como "A Raíña das Hébridas",[4] atópase en Argyll, ao suroeste da Illa de Jura e ao redor de 40 km. ao norte da costa irlandesa. A cidade máis grande e capital é Bowmore famosa pola súa destilería e a igrexa da parroquia de Kilarrow.[2][5] Port Ellen é o porto principal.[6]
Islay | |
---|---|
Ìle | |
Vista dende satélite. | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Reino Unido |
Escocia | |
Arquipélago | Hébridas |
Mar | Océano Atlántico |
Coordenadas | 55°46′N 6°9′O |
Xeografía | |
Superficie | 619´6 km²[1] km² |
Longura máxima | 40 km. |
Largura máxima | 24 km. |
Punto máis alto | 491 m. Beinn Bheigier |
Demografía | |
Capital | Bowmore[2] |
Poboación | 3.228[3] hab. (2013) |
Densidade | 5´2 hab./km² hab./km² |
Islay é a quinta illa máis grande de Escocia e a sexta maior das que rodean Gran Bretaña (excluíndo Irlanda).
Existe unha ampla evidencia de asentamentos prehistóricos en Islay e a primeira referencia escrita procede do século I. A illa converteuse en parte do Reino Gaélico de Dál Riata na Alta Idade Media antes de ser absorbida polo Reino das illas nórdico. Máis tarde a Idade Media marcou un "punto alto cultural", co paso das Hébridas ao Reino de Escocia e a toma do Clan Donald do señorío das illas, orixinalmente centrado en Finlaggan.[7] Durante o século XVII a estrela do clan Donald desvaneceuse, pero as melloras na agricultura e no transporte deron lugar a un aumento da poboación, que alcanzou o seu punto máximo a mediados do século XIX.[1] Logo chegaron importantes desprazamentos forzados e a caída do número de residentes.
Hoxe en día, conta con máis de 3.000 habitantes e as principais actividades comerciais son a agricultura, a destilación do whisky de malte e o turismo relacionado con esta bebida xunto coa observación de aves. A illa ten unha longa historia de cumplimento relixioso e a lingua gaélica escocesa é falada por preto dun cuarto da poboación.[8] As súas paisaxes fixéronse famosas a través de diversas formas de arte e hai un crecente interese nas enerxías renovables. Islay é o fogar de moitas especies de aves como as poboacións invernantes de gansos de Groenlandia e ganso sanganos, é un destino popular durante todo o ano para os observadores de aves. O clima é suave e agradable debido á Corrente do Golfo.