Kabaena
From Wikipedia, the free encyclopedia
Kabaena[1] (en indonesio: Pulau Kabaena) é unha illa continental no Mar de Flores, Indonesia, fronte ás costas de Célebes (Sulawesi). É unha parte da provincia de Célebes Suroriental. A súa superficie é de 873 km² e tiña preto de 26.535 habitantes en 2010.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2017.) |
Datos rápidos Situación, País ...
Kabaena | |
---|---|
Tokotua | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Indonesia |
Provincia | Célebes Suroriental |
Arquipélago | Illas maiores da Sonda |
Mar | Mar de Flores |
Coordenadas | 5°15′S 121°55′L |
Xeografía | |
Xeoloxía | Illa continental |
Superficie | 873 km² |
Punto máis alto | 1.750 m. Sambapolulu |
Demografía | |
Capital | Sikeli |
Poboación | 26.535 (Censo 2010) |
Densidade | 30´4 hab./km² |
Pechar
Posúe unha superficie montañosa, sendo o punto máis alto o pico Sambapolulu (1.570 m). O cultivo de arroz, iuca, coco, a pesca, a explotación dos bosques e a cría de búfalos son as súas actividades económicas principais. a vila de Sikeli é a súa localidade máis importante.