Lefkada
From Wikipedia, the free encyclopedia
Leucas ou Lefkada (grego: Λευκάδα, Lefkáda), tamén coñecida como Lefkas ou Leukas[1] (grego antigo e Katharevousa: Λευκάς, Leukás, pronunciación moderna Lefkás), Leucadia ou Santa Maura segunda a antiga denominación veneciana, é unha illa grega no Mar Xónico na costa oeste da Grecia continental, conectada con terra por unha longa calzada e ponte flotante. A principal cidade da illa e sede do municipio é Lefkada.[2] Está situada na parte norte da illa, a uns 25 minutos en coche do Aeroporto Nacional de Aktion. A illa forma parte da unidade rexional de Lefkada. Dende o punto de vista administrativo constitúe unha prefectura da Rexión de Illas Xónicas. Baixo a xurisdición da prefectura tamén se inclúe un pequeno arquipélago coñecido como as illas Tilevoides, mesmo entre a illa e o continente do que fan parte Meganisi, Skorpidi (propiedade de Aristóteles Onassis), Madouni, Sparti, Thilia e Kithiros. Ao sur da illa, preto da famosa praia de Porto Katsiki, está o lugar onde a lenda di que a poetisa Safo caeu ao baleiro.
Leucas | |
---|---|
Λευκάδα | |
A illa de Lefkada nunha imaxe de satélite da NASA World Wind | |
Localización da illa | |
Situación | |
País | Grecia |
Provincia | Periferia das Illas Xónicas |
Arquipélago | Illas Xónicas |
Mar | Mar Xónico |
Coordenadas | 38°43′N 20°39′L |
Xeografía | |
Superficie | 353´12 km² |
Longura máxima | 35 km. |
Largura máxima | 15 km. |
Punto máis alto | 1.158 m. Stavrotas |
Demografía | |
Capital | Leucas |
Poboación | 22.652 (2011) |
Densidade | 64 hab./km² |
Lingua propia | Grego |