Lev Poprad
equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Poprad (Eslovaquia) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Hockey Club Lev Poprad,[2] máis coñecido como Lev Poprad,[3] foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Poprad (Eslovaquia) que competiu na División Bobrov da Kontinental Hockey League (KHL) durante a tempada 2011-12, para posteriormente disolverse e refundarse en Praga (República Checa) como HC Lev Praha no 2012. O Lev Poprad xogaba os seus partidos como local no Zimný štadión mesta Poprad, un pavillón con capacidade para 4 500 persoas. Na única tempada que o equipo eslovaco xogou na KHL non conseguiu a clasificación para os play-offs, finalizando na última posición da súa división e 21º clasificado ao final da liga cun total de 54 puntos noutros tantos partidos.
Lev Poprad | |
---|---|
Fundación | 2010 (disolto e refundado en Praga en 2012) |
Cidade | Poprad, Prešov Eslovaquia |
Estadio | Poprad Ice Stadium (4.500 espectadores)[1] |
Liga | Kontinental Hockey League |
Conferencia | Oeste |
División | Bobrov |
Afiliado(s) | Tatranskí Vlci (MHL) HK Poprad (Extraliga Eslovaca) |
Cores | Laranxa, branco e negro |
Na rede | |
http://www.hclev.eu/ |
O eslovaco Ľuboš Bartečko foi o capitán do equipo e o máximo puntuador do equipo, mentres que o checo Tomáš Netík foi o máximo goleador e o tamén eslovaco Juraj Mikúš foi o máximo asistente. O equipo estivo dirixido polo adestrador checo Radim Rulík. O Lev Poprad estaba integrado principalmente por xogadores checos e eslovacos.