Mar Báltico
mar interior de auga salobre do norte de Europa aberto ao Océano Atlántico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O mar Báltico (do latín Mare Balticum) é un mar interior de auga salobre do norte de Europa aberto ao mar do Norte e, finalmente, ao océano Atlántico a través dos estreitos de Kattegat e Skagerrak. Os países que o rodean son (empezando pola península Escandinava e seguindo en sentido horario): Suecia, Finlandia, Rusia (óblast de Leningrado e Kaliningrado), Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Alemaña e Dinamarca.
Mar Báltico | |
---|---|
Östersjön - Morze Bałtyckie - Itämeri - Baltijos jūra - Ostsee - Østersøen | |
Localización administrativa | |
Estado | Suecia Finlandia Rusia (San Petersburgo, óblast de Leningrado e Kaliningrado) Estonia Letonia Lituania Polonia Alemaña Dinamarca |
Localización xeográfica | |
Océano / Mar | Océano Atlántico |
Continente | Europa |
Xeografía | |
Subdivisións | Golfo de Botnia (mar de Åland, mar do Arquipélago, mar de Botnia, Kvarken e baía de Botnia) Golfo de Finlandia Golfo de Riga |
Illas interiores | Öland e Gotland (SUE) Illas Åland (FIN) Hiiumaa e Saaremaa (EST) Rügen (ALE) Bornholm, Fionia e Selandia (DIN) |
Afluentes | Río Daugava, río Kemijoki, río Niemen, río Neva, río Oder, río Vístula, río Lule, río Narva, río Torne |
Cidades ribeiregas | Malmö, Estocolmo, Sundsvall e Luleå (SUE) Oulu, Vaasa, Turku e Helsinqui (FIN) San Petersburgo e Kaliningrado (RUS) Tallinn (EST) Riga (LET) Klaipėda (LTU) Gdansk (POL) Copenhague (DIN) |
Accidentes | |
Estreitos | Estreitos de Kattegat e Skagerrak (co mar do Norte) |
Características | |
Superficie | 432 800 km² |
Profundiade máxima | 459 m |
Profundidade media | 57 m |
Mapa | |
Localización do mar en Europa | |
Mar Báltico e países circundantes a vista satélite. | |
A súa superficie é de 432 800 km² e inclúe dous grandes golfos: o golfo de Finlandia, entre o sur deste país e Estonia, e o golfo de Botnia, entre a costa oriental de Suecia e a occidental de Finlandia. Xeoloxicamente é moi novo: só existe desde o VI milenio a.C. É moi pouco profundo (a media é de 57 m; a profundidade máxima é de 459 m ao norte da illa sueca de Gotland), o que, unida á pouca apertura ao océano, fai a renovación das augas moi lenta e favorece os problemas de contaminación. As mareas son de moi pequena amplitude.
A cunca que drena ao mar Báltico abarca a totalidade dalgúns países ribeiregos como as repúblicas bálticas, Polonia e a rexión rusa de Kaliningrado. Ademais, estes ríos nacen en, ou atravesan territorios pertencentes a outros países que, malia non posuír costas, comunícanse ao mar por vía fluvial. Tal é o caso da República Checa, Eslovaquia, Ucraína e Belarús, quen acaban achegando auga (indirectamente) ao mar Báltico.
O mar Báltico é tamén, o maior depósito de ámbar do mundo e, ademais, a súa calidade é das mellores: dos vinte depósitos do mundo que hai de ámbar, dise que o do mar báltico só é superado polos de México e a República Dominicana, sendo o que máis ámbar de conífera produce e o de mellor calidade. Del extráense de 500 a 800 millóns de toneladas de ámbar.