Mestis
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Mestis, (de Mestaruussarja), é a segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés por detrás da SM-liiga, e a máxima categoría á que pode ascender un equipo por méritos deportivos.
Mestis | |
---|---|
Fundación | 2000 |
Rexión | Finlandia |
Equipos | 13 |
Actual campión | IPK (1º título) |
Máis laureado | Jukurit (7 títulos) |
Televisión | Mestis TV |
Sitio web | www.mestis.fi |
Mestis 2023-2024 |
A liga foi creada no ano 2000 para substituír a primeira división. Dende aquela converteuse na máxima categoría á que pode ascender un equipo por méritos deportivos no país, xa que ese ano a SM-liiga foi pechada e ningún equipo pode acceder á liga sen ser aceptado pola liga. Logo da tempada 2004-05, o KalPa foi aceptado na SM-liiga.
No ano 2022 o HK Zemgale letón converteuse no primeiro equipo estranxeiro en participar na competición,[1] con todo a participación do equipo letón na Mestis non continuou na tempada 2023-24.[2]
Na primavera de 2023 a Mestis outorgaba unha licenza aos Jokerit de Helsinqui,[3] que competiran na SM-liiga[lower-alpha 1] ata a tempada 2013-14, logo da cal pasaron a competir na Kontinental Hockey League (KHL) euroasiática. Os Jokerit abandonaron a KHL antes do inicio dos play-offs da tempada 2021-22 logo da invasión rusa de Ucraína a finais de febreiro de 2022.[4][5] Do mesmo xeito, a liga anunciaba que, debido á situación económica dos Peliitat de Heinola, a liga decidira non concederlles unha licenza para continuar na competición un ano máis,[6] a pesar de que o equipo conseguira manter a súa praza na liga logo de vencer a serie de pomoción/descenso fronte o Nokian Pyry (4-0).[7]