Mundial de Fútbol de 1950
evento futbolístico internacional cuatrianual / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Mundial de Fútbol de 1950 foi a cuarta edición do campionato do mundo de seleccións internacionais de fútbol, a Copa do Mundo da FIFA. Celebrouse no Brasil, após un parón de doce anos por mor da segunda guerra mundial, entre o 24 de xuño e o 16 de xullo de 1950. En homenaxe aos vinte e cinco anos de presidencia de Jules Rimet da FIFA, o trofeo do campionato foi bautizado co nome de "Copa Jules Rimet". Nesta edición estaba programada a participación de dezaseis seleccións, mais debido a varios abandonos tan só participaron trece: seis europeas e sete americanas. Entre os participantes destacou o retorno do Uruguai, ausente nas dúas edicións precedentes, e o debut de Inglaterra despois de que as federacións británicas reingresasen na FIFA.
Tipo | Copa do Mundo de Fútbol |
---|---|
Organizador | FIFA |
Composto por | |
Número de participantes | 13 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Localización | Estádio Adelmar da Costa Carvalho (pt) (Recife) Estádio dos Eucaliptos (pt) (Porto Alegre) Estádio Durival Britto e Silva (pt) (Curitiba) Estádio do Pacaembu (Consolação (pt) ) Estádio do Maracanã (Maracanã) Estádio Raimundo Sampaio (pt) (Belo Horizonte) |
País | Brasil |
Intervalo de tempo | 24 de xuño de 1950 – 16 de xullo de 1950 |
Número de edición | 4 (1950) |
Competición | |
Primeiro posto | Uruguai (2º) |
Datos estatísticos | |
Partidos | 22 |
Goles | 88 |
Gol | Ademir de Menezes↔ Selección de fútbol de Brasil (8) |
Número de espectadores | 1.043.500 |
Esta edición contou cun formato de catro grupos, onde os equipos xogaban todos contra todos nun sistema de liga. A novidade foi a fase final, sendo esta a única edición do torneo onde non se disputou unha final. Así, os campións de cada un dos catro grupos, o Brasil, España, Suecia e o Uruguai, tiveron que disputar outra fase de liga de todos contra todos. É especialmente lembrado nesta edición o encontro decisivo polo campionato disputado entre o Uruguai e o Brasil, máis coñecido como o "Maracanaço".[1] Aos brasileiros chegaballes o empate, mentres que aos seus rivais só lles valía gañar. Ante case 200.000 espectadores, os tantos de Schiaffino e Ghiggia deron ao Uruguai o seu segundo título de campión.