Nebulosas de Magalhães
dúas galaxias do Grupo Local / From Wikipedia, the free encyclopedia
As Nebulosas de Magalhães,[1] ou Nubes de Magalhães [2] son dúas galaxias ananas, pertencentes ao Grupo Local de galaxias.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Magalhães.
A maior delas coñécese como Gran Nebulosa de Magalhães, e a menor como Pequena Nebulosa de Magalhães. Aínda que tradicionalmente se pensou que orbitaban en torno á Vía Láctea, estudos parecen descartar esta posibilidade.[3][4]
Son visíbeis desde o hemisferio austral en noites con ceo limpo de nubes e sen lúa. Aparecen como dúas pequenas manchas abrancazadas, opostas á constelación de Crux dende o punto de vista do polo sur celeste.