Nikki Giovanni
From Wikipedia, the free encyclopedia
Yolande Cornelia "Nikki" Giovanni, Jr.,[1][2] nada o 7 de xuño de 1943, é unha poeta, escritora, comentarista, educadora e activista estadounidense.[2] Considerada unha das poetas afroamericanas máis coñecidas, o seu traballo inclúe antoloxías poéticas, poemas gravados e ensaios non-ficcionais que tratan desde tópicos sobre raza até cuestións sociais para a literatura infantil. Xa gañou varios premios, incluíndo a medalla Langston Hughes, o NAACP Image Awards. Foi nomeada ao Grammy Award polo seu álbum The Nikki Giovanni Poetry Collection. Recentemente, foi titulada como unha das 25 Oprah Winfrey's "Living Legends".[2]
Nikki Giovanni obtivo fama inicialmente ao final dos anos 60 por ser unha das primeiras autoras do Black Arts Movement. Influenciada polo Movemento dos dereitos civís dos negros nos Estados Unidos e polo Movemento Black Power da época, os seus primeiros traballos apuntan unha perspectiva forte e combativa que fixo que fose coñecida como "Poeta da Revolución Negra".[2] Durante os anos 70, comezou a escribir literatura infantil, e cofundou a editora NikTom Ltd co obxectivo de fornecer oportunidades a outras autoras negras dos Estados Unidos. Nas décadas seguintes os seus traballos discutiron problemáticas sociais, relacións humanas e hip hop. Poemas como Knoxville, Tennessee e Nikki-Rosa son frecuentemente republicados en antoloxías e outras coletáneas.[3]
Giovanni ensinou na Queens College, Universidade Rutgers e Ohio State, e actualmente é profesora titular no Virginia Tech.[4]