Poros
From Wikipedia, the free encyclopedia
Poros (en grego: Πόρος) é unha pequena illa dobre grega en parte sur do golfo Sarónico a unha distancia de 48 km ao sur do Pireo e separada por unha canle marítima de douscentos metros do Peloponeso.
Datos rápidos Situación, País ...
Poros | |
---|---|
Vista de Poros | |
Situación | |
País | Grecia |
Periferia | Ática |
Mar | Mar Exeo |
Coordenadas | |
Xeografía | |
Superficie | 49,582 km² |
Punto máis alto | Monte Vigla (358 m) |
Demografía | |
Poboación | 4.010 hab. (2011[1]) |
Densidade | 81 hab./km² |
Lingua propia | Grego |
Pechar
A súa superficie é de 31 quilómetros cadrados e ten unha poboación de 4.000 habitantes. O nome antigo de Poros era Pogon.
Poros está formada por dúas illas: Sphairia, a parte sur, a cal ten unha orixe volcánica e Kalaureia a parte norte.
A illa contén un rica vexetación. Moita da parte norte, leste e oeste ten unha vexetación moi tupida con bosques de piñeiros no sur e o centro.