Párkinson
doenza neurolóxica, dexenerativa e crónica / From Wikipedia, the free encyclopedia
A síndrome de Parkinson, ou parkinsonismo, é unha síndrome específica causada por un conxunto de doenzas neurodexenerativas dunha área do cerebro chamada substancia negra. A máis importante forma de parkinsonismo é a enfermidade de Parkinson ou, simplemente, párkinson.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde marzo de 2020.) |
Párkinson | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
Ilustración dun doente de párkinson, por William Richard Gowers, publicada en A Manual of Diseases of the Nervous System (1886). | |
ICD-10 | G20, F02.3 |
ICD-9 | 332 |
OMIM | 168600 556500 |
DiseasesDB | 9651 |
MedlinePlus | 000755 |
eMedicine | neuro/635 in young pmr/99 rehab |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A enfermidade foi descrita e documentada en 1817 (Essay on the Shaking Palsy) polo médico británico James Parkinson; os cambios bioquímicos asociados foron identificados nos anos 1960.
A comezos da década de 1960, os investigadores identificaron un defecto cerebral fundamental que é o carácter distintivo da enfermidade: as perdas de células cerebrais que producen un neurotransmisor - a dopamina - fundamental, entre outros, nos circuítos cerebrais implicados no control do movemento. Este descubrimento levou aos científicos a atopar o primeiro tratamento eficaz da enfermidade de Parkinson e suxeriu formas de elaborar terapias novas e aínda máis eficaces.
A enfermidade caracterízase por unha desorde progresiva do movemento debido á disfunción das neuronas secretoras de dopamina nos ganglios basais, que controlan e axustan a transmisión dos comandos conscientes vidos do córtex cerebral aos músculos.
Trátase dunha enfermidade idiopática (sen causa definida), xenética ou secundaria a outras doenzas, atacando a persoas de todas as idades e sexos, mais con maior prevalencia en persoas por riba de 60 anos de idade.
O día 11 de abril celébrase o Día Mundial do Párkinson.[1]