Illa Redonda
From Wikipedia, the free encyclopedia
Redonda é un peñón deshabitado nas Illas de Barlovento que forma parte, como dependencia, de Antiga e Barbuda.[1] A illa ten aproximadamente 1´6 km. de longo, 0´5 km. de largo, e 296 m. de altura no seu punto máis alto.[2]
Redonda | |
---|---|
Ocamaniro | |
Redonda | |
Localización de Redonda | |
Situación | |
País | Antiga e Barbuda |
Arquipélago | Illas de Barlovento |
Mar | Mar Caribe |
Coordenadas | 16°56′20″N 62°20′30″O |
Xeografía | |
Superficie | 1´6 km² |
Longura máxima | 1´36 km. |
Largura máxima | 530 m. |
Punto máis alto | 296 m. |
Demografía | |
Poboación | Deshabitada |
Esta pequena illa atópase entre as illas de Nevis e Montserrat, 56´2 km ao suroeste de Antiga. Redonda está máis próxima a Montserrat que a calquera outra illa; se atopa a 22´5 km ao noroeste de Montserrat, e 32 km ao sueste de Nevis.
Redonda é o fogar dun gran número de aves mariñas, e a illa foi unha fonte importante de guano antes de que os fertilizantes artificiais comezaron a ser producidos en masa. As operacións mineiras co guano comezaron nos anos 1860 e cesaron despois do inicio da primeira guerra mundial. Durante estas operacións mineiras construíronse na illa algúns edificios e outras instalacións, algúns restos físicos desa fase da súa historia son aínda visibles.
A finais do século XIX, un banqueiro irlandés fincado na illa veciña de Montserrat, Matthew Dowdy Shiell, reclamouna, ata que foi incorporada ao Imperio Británico. Shiell proclamou ao seu fillo Rei de Redonda pero actualmente hai varias controversias sobre a quen pertence o título, isto sen que a illa deixe de estar, contraditoriamente, baixo a soberanía de Antiga e Barbuda desde 1967.