Makemake (planeta anano)
planeta anano do Sistema Solar / From Wikipedia, the free encyclopedia
Makemake ou (136472) Makemake (que é designación do centro de planetas menores; símbolo: ),[10] é o terceiro planeta anano en tamaño do Sistema Solar e o segundo obxecto máis grande entre os obxectos clásicos do cinto de Kuiper (KBOs).[nota 2][2][11][12][13] O seu diámetro e case tres cuartas partes do de Plutón.[14] Makemake non ten (que se saiba) satélites, o cal fai del un obxecto único entre os grandes KBOs. Ten unha extremadamente baixa temperatura media, ó redor dos 30 K, e a súa superficie está cuberta xeos de metano, etano, e posiblemente nitróxeno.[11]
Makemake | |
---|---|
Makemake visto dende o Telescopio Hubble. | |
Descubrimento | |
Descuberto por | Michael E. Brown, Chad Trujillo, David Rabinowitz |
Data do descubrimento | 31 de marzo do 2005 |
Designacións | |
Designación MPC | (136472) Makemake |
Designación alternativa | 2005 FY9 |
Categoría de planeta menor | |
Características orbitais[2][3] | |
E=28-01-1955 (Dx= 2 435 135,5) | |
Afelio | 7.939,7 Gm 53,074 UA |
Perihelio | 5.760,8 Gm 38,509 UA |
Eixo Semi-maior | 6.850,3 Gm 45,791 UA |
Excentricidade | 0,159 |
Período orbital | 113.183 d (309,88 ax) |
Velocidade orbital media | 4,419 km/s |
Anomalía media | 85,13° |
Inclinación orbital | 28,96° |
Lonxitude do nodo ascendente | 79,382° |
Argumento do perihelio | 298,41° |
Características físicas | |
Radio medio | 750(+200-100) km[4] 710 ± 30 km[5] |
Área superficial | ~6 300 000 km2 |
Volume | ~1,5 x 109km3 |
Masa | ~3 × 1021 kg |
Densidade media | 2 g/cm³(asumida) |
Gravidade superficial ecuatorial | 0,4 m/s² |
Velocidade de escape | ~0,75 km/s |
Período de rotación sideral | 7,771±0,003 horas[6] |
Oblicuidade da eclíptica | descoñecida |
Albedo | 78,2(+10,3 -8,6}} (xeométrico)[4] |
Temperatura | 30–35 K [nota 1](asumindo o mesmo albedo) |
Tipo espectral | B-V=0,83; V-R=0,5[7] |
Magnitude aparente | 16,7 (oposición) |
Magnitude absoluta | -0,44[3] |
Inicialmente foi designado coma 2005 FY9 e máis tarde recibiría o número 136472 asignado polo centro de planetas menores, foi descuberto o 31 de marzo do 2005, por un equipo de astrónomos encabezado por Michael Brown, e foi anunciado o seu descubrimento o 29 de xullo do 2005. O seu nome procede da mitoloxía Rapanui, onde Makemake era o deus de creación da humanidade e da fertilidade. O 11 de xuño do ano 2008, a Unión Astronómica Internacional (UAI) incluíu a Makemake na súa lista de potenciais candidatos a plutoides, un termo para os planetas ananos que están máis aló da órbita de Neptuno, o cal colocaba a Makemake ó mesmo nivel que Plutón, Haumea e Eris. Makemake foi formalmente clasificado coma plutoide en xullo do 2008.[15][16][17][18]