Pobo tigriña
grupo étnico de Eritrea e Etiopía / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os tigriña[6] (en tigriña: ተጋሩ; tägaru) son un grupo étnico falante de tigriña que habita en Eritrea e na Rexión de Tigray de Etiopía.[7][8][9][10][11] Habitan principalmente nas terras altas de Eritrea e no norte de Etiopía, e contan con comunidades na diáspora en numerosos países.[11][12] En Eritrea representan arredor do 55% da poboación, onde supoñen máis de tres millóns de persoas, e en Etiopía son máis de 4,5 millóns, segundo o censo de 2007.[13][14][15] Máis do 90% dos tigriña son cristiáns. A gran maioría pertencen á igrexa etíope e á igrexa eritrea, mais tamén hai minorías de musulmáns, Beta Israel, e dende o século XIX protestantes e católicos.
Datos rápidos Poboación, Etiopía ...
Pobo tigriña | |
---|---|
Mulleres tigriña nunha danza tradicional. | |
Poboación | |
Poboación total: c 8 millóns | |
Rexións principais: | |
Etiopía | 4 500 000 |
Eritrea | 3 255 405[1] |
Alemaña | 33 000[2] |
Suecia | 20 000[3] |
Noruega | 13 500[4] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua tigriña |
Relixión | Maioría cristiá (Igrexa etíope • Igrexa eritrea) Minoría musulmá • católica • protestante |
Grupos relacionados | Afar • Agaw • Amhárico • Beja • Beta Israel • Bilen • Gurage • Jeberti • Saho • Somalí • Tigré • e outros pobos semíticos e cuxitas[5] |
Pechar
Este artigo amosa letras ge'ez. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |