Tectónica
a rama da xeoloxía que estuda as estruturas xeolóxicas producidas pola deformación da codia terrestre, as estruturas que as rochas adquiren despois de se formar e os procesos que as orixinan / From Wikipedia, the free encyclopedia
A tectónica é a rama da xeoloxía que estuda as estruturas xeolóxicas producidas pola deformación da codia terrestre, as estruturas que as rochas adquiren despois de se formar e os procesos que as orixinan.[1]
O termo é a adaptación do latín científico tectŏnicus, -a, um, derivado do grego antigo τεκτονικός tektŏnikós, "referente á construción", "referido ao edificio"; e este de τέκτων téktōn (xenitivo τέκτονος téktonos), "construtor", "carpinteiro", "canteiro", "mestre en calquera arte". No sentido xeolóxico de "referente á estrutura da codia terrestre" rexistrouse por primeira vez en 1887.[2]